Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1060/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
12/07/2023 – 28/07/2023
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
7.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
A introdución das novas tecnoloxías nos procesos produtivos ha suposto a necesidade de dispoñer de profesionais cun maior nivel de cualificación tecnolóxica. No ámbito do deseño e simulación FEM e CFD, os avances que se produciron e estanse producindo nos últimos anos, esixen sen dúbida a posta ao día do persoal relacionado. A Universidade de Vigo, consciente da importancia da formación continua neste sector, ofrece a posibilidade de formarse a través deste curso baseado en Ansys, unha das ferramentas informáticas máis utilizadas nas industrias da nosa contorna.
Director/a:
Jose Ignacio Armesto Quiroga, Abraham Segade Robleda
Email contacto:
armesto@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
05/03/2023 – 07/07/2023
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/05/2023 – 07/07/2023
Modalidade
Docencia presencial/virtual
60 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escola de Enxeñería Industrial
Horario
Luns a venres, de 9.00h a 14.00h.
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
350 € | 315 € | 297.5 € |
Observacións aos prezos
Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 297,50 €. Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)
Obxectivos
A través deste curso, búscase que o alumno:
- Adquira os coñecementos imprescindibles para traballar con ANSYS
- Familiarícese coa contorna de traballo
- Coñeza as ferramentas máis comúns
- Aprenda a realizar simulacións
- Realice mallados de pezas simples
- Saiba realizar análise FEM de pezas simples
- Saiba realizar análise CFD de pezas simples
Destinatarios
Orientado ao alumnado Universitario, alumnado de formación profesional e profesionais cuxa dedicación estea encamiñada ao deseño técnico industrial baseado na aplicación de ferramentas de deseño e simulación FEM e CFD de última xeración.
Saídas Profesionais
As persoas participantes aprenderán a realizar deseños técnicos industriais mediante a aplicación dunha das ferramentas de deseño e simulación FEM e CFD de última xeración máis utilizadas na industria.
Competencias Específicas
- Iniciarse nos principios de deseño e simulación FEM e CFD asistido por computador
- Adquirir capacidades técnicas de modelado e importación
- Adquirir capacidades técnicas de deseño de mallas e condicións de contorna
- Adquirir capacidades técnicas de deseño de contactos
- Adquirir capacidades técnicas de deseño FEM no dominio da frecuencia, dinámica implícita e explícita, fatiga e dinámica de corpos ríxidos
- Adquirir capacidades técnicas de deseño CFD en mallado, aerodinámica, transferencia de calor e multifase
Competencias Transversais
- Resolución de problemas
- Creatividade
- Uso das TIC
- Procura de información
- Auto aprendizaxe e auto análise
Condicións de acceso
- Titulados/as universitarios/as
- Titulados/as de formación profesional
- Alumnos/as universitarios/as
- Alumnos/as de formación profesional
- Profesionais directamente relacionados coa especialidade que cumpran os requisitos de acceso á universidade
Será condición imprescindible que cada rexistrado/a dispoña dun computador portátil co que asistirá a todas as clases do curso.
Criterios de selección
Orde temporal de solicitude de inscrición.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200287 | Introducción a la simulación FEM y CFD con ANSYS | Obligatoria | 7.0 |
200287 | Introducción a la simulación FEM y CFD con ANSYS | Optativa | 7.0 |
Avaliación
Para a avaliación dos alumnos terase en conta:
- Asistencia presencial ás clases (polo menos 75% das sesións)
- Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo